1 may. 2012

Crónica do 1 de maio


A mañan prometía choiva en Compostela, pero o tempo respetounos. Xa que non nos respetan nin o goberno  nin os empresarios, agradecese que polo menos nos respete o tempo. O Concello de Santiago intentou boicotear o noso acto impedindo a toma de corrente para o mitin final. De pouco lles valeu. A CNT ten recursos para actuar e funcionar sen as súas esmolas.

A CNT Compostelana inicia a súa manifestación ás 12:30 e nela imos os compañeiros/as de Betanzos que ata alí nos desprazamos. Pouco a pouco foise sumando xente á manifestación que rematou na Praza do Toural onde tomaron a palabra tres oradores ante varios centos de persoas.

Este ano a CNT, demostrou a súa crecente capacidade de movilización con 5 manifestacións distintas en Galicia. Paso a paso vaise abrindo camiño o anarcosindicalismo.

Viva a loita dos traballadores!!
Viva o Primeiro de Maio !!


No hay comentarios: