30 nov 2012

Transportes Javier García Santos S.L. acosa e despide.



Transportes Javier García Santos S.L., máis coñecido pola marca Galipack, quere ver fora aos traballadores que reclaman os seus dereitos. A nosa compañeira Tania, conductora de camión, foi despedida despois de que a empresa tivera que modificar o convenio de Mensaxería,que viña aplicando ata a denuncia da CNT, polo convenio do Sector do "transporte de mecancías" por estrada.  
Por outro lado, a empresa tivo que facerlle un contrato indefinido modificando o temporal, xa que o anterior estaba en fraude de Lei. Todas estas modificacións asesoradas polo sindicato no que está afiliada, son os verdadeiros motivos polos que a empresa, quere desfacerse da nosa compañeira.
Tras o regreso das súas vacacions, Tania recibe un burofax comunicandolle o despido. Ademáis de todo esto a coaccionan para que asine o finiquito e renuncie a calqueira acción legal, mediante a negativa a aportarlle o certificado de empresa a efectos de desemprego e de abonarlle a última nómina e liquidación.
Tania, non se amedrenta e xunto á CNT, denuncia este despido que consideramos  ven motivado por clara represión sindical.
A CNT de Betanzos, iniciará unha campaña de información para que a Opinión Pública saiba das maneiras desta empresa, e mediante as accións legáis e sindicáis non deixará que o despotismo empresarial atente contra os dereitos básicos e irrenunciables dos traballadores.

Tania Readmisión!!
Galipack deixa de acosar aos traballadores organizados!!

No hay comentarios: