17 nov 2012

Xuntanza do Grupo de Consumo


O pasado xoves día 15 celebrouse unha importante xuntanza do grupo de consumo iniciado desde a CNT de Betanzos e que agora toma vida propria e autónoma.
Moita xente nova,(o local quedousenos pequeno), productores e consumidores, dando forma e contido a un grupo que camiña con paso firme.
Fíxose unha páxina para estar ao corrente das novas e para facer os pedidos


e tomaronse os seguintes acordos:

  1. As entregas de producto faranse os mércores 19:30 – 21:00 no local da CNT Betanzos.
    Millo e Landras entrega as 19.30 e de ser preciso polo tipo de produto que traia poderia quedar ate as 21h.
  2. Pagamentos/ Contabilidade: pagamento mensual en efectivo de cada consumidor a cada productor. Faranse o primeiro mércores de cada mes para os consumos do mes anterior. Cada produtor e cada consumidor levará a conta do seu consumo persoal para cadrar números no fin do mes.
  3. Recursos tecnolóxicos: quedamos polo de agora co blogue máis grupo de google e formulario google, paliando as deficiencias con texto (produto non dispoñible) e algún script a maiores. Nun futuro se podería falar de crear unha tenda online, de considerar que é preciso.
  4. Pedidos:
  • para queixo fresco, cada un trae o seu tupper ou o leva en bolsa de plástico para casa
  • Quedamos pendentes de organizar o consumo de froita e produto seco.
  • Os pedidos faranse até o luns 19:30 como moi tarde.


No hay comentarios: