17 ene 2013

Traballadores de TAFIBER solidarizanse cos compañeiros de TRADEMA


Foto tirada da web da CIG.

Traballadores da factoría TAFIBER de Betanzos quiseron mostrar a sua solidariedade cos compañeiros de Tableros Tradema en Solsona- Lleida. O Grupo Industrial SONAE ( o mais importante de Portugal) cerra a súa producción en Solsona deixando no paro a 142 familias de forma directa, e outrastantas de forma indirecta.
Cando o sindicalismo oficial ven demostrando ano tras ano a sua claudicación e ineficiencia para evitar os peches e os ERES, nunca está de máis pequenos xestos que na distancia, amosan solidariedade cos traballadores que perden o seu traballo. Tanto ten que haxa 1.000 km dun punto a outro. A loita da clase obreira non ten fronteiras.
Desde Betanzos Libertario aplaudimos todo o que seña SOLIDARIEDADE e DIGNIDADE e animamos aos traballadores de TAFIBER a estar alerta e organizados, pois xa saben tamen como a empresa pode facer un ERE temporal aducindo descenso da produccion e ao tempo contratar traballadores nunha ETT.


No hay comentarios: