2 abr. 2013

¿Piratas en Betanzos? Cazatuviaje.com


Podería ser o tiítulo dunha película pero non o é. Máis ben diriamos que vai ser un "folletín".

D. Antonio López Diaz, xerente da franquicia de Viajes Ecuador, recentemente pechada, aínda que o proprietario do local non teña moita presa en retirar o letreiro, agora continua o seu negocio a través da sociedade Cazatuviaje.com que rexenta a súa muller, Doña Vanessa Lado Outes.

Ambolosdous, emprendedores como poucos, non tiveron reparo en levar os clientes de Viajes Ecuador para o seu novo negocio. Imos ver que pensa Viajes Ecuador S.L.U. de todo este proceder.

Por outro lado, o sindicato que en Betanzos está disposto a emprender a loita contra todo tipo de corsario empresarial, ven de soltar amarras e arriar as velas, así abrimos varios frentes a ver se algún destes dase por aludido.
Notificamos o que ten acontecido neste comercio nos últimos 6 meses, en primeiro lugar aos mencionados sus señorías, por se queren chegar a un acordo de cabaleiros. Como non temos resposta, diriximonos a Asociación de Empresarios e Comerciantes de Betanzos, para informarlles de que empresarios como estos non lle conveñen a Betanzos telos, e que non imos tolerar certas cousas.
Notificamos asímesmo ao noso gabinete xurídico de que vaian preparando as  demandas pertinentes.

E se continúan pensando que se pode ter un traballador dentro dun local comercial, sen dar de alta na Seguridade Social e pechando o chiringuito e se "te he visto no me acuerdo" , entonces CNT sacará toda a sua batería de cañons a babor, a estribor, e que empeze a Festa.

- ¿Piratas en Betanzos?
- Antonio López Diaz e Vanessa Lado Outes.

Ver Capitulo 1 en:
 http://cntbetanzos.blogspot.com.es/2013/03/explotacion-laboral-en-betanzos.html




No hay comentarios: