17 may. 2013

Debate co economista Jose Luis Velasco na CNT de Ferrol



O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e Historiador das Doctrinas Económicas, no salón de actos do ATENEO FERROLÁN, que leva por título:


" O CAPITALISMO NON ESTÁ EN CRISE, É ASÍ. AS MENTIRAS DO CAPITALISMO.
SOLUCIÓNS ECONÓMICAS E SOCIÁIS"

"A CORRUPCIÓN POLÍTICA, A ESTAFA BANCARIA E O ROUBO CAPITALISTA"
José Luis Velasco Sanz foi secretario da C.N.T. entre os anos 1995 e 1998. Traballador da banca, foi reprimido laboralmente pola súa actividade sindical no Banco de Crédito Agrícola, posteriormente "Caja Postal". A súa traxectoria como militante en medios anarquistas e obreiros e dilatada. É membro recoñecido da F.A.I. (Federación Anarquista Ibérica) e no seu día da F.I.J.L.(Federación Ibérica de Juventudes Libertarias). Participou na constitución da Fundación Anselmo Lorenzo, entidade que se dedica á difusión e recompilación da cultura libertaria.
Ademais, e militante na C.N.T. madrileña e asiduo colaborador da prensa anarquista, especialmente como comentarista económico.

No hay comentarios: