1 jun 2013

12 de Xuño. Folga Xeral nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal


Na mañá de onte, 27 de Maio, membros de C.N.T, C.I.G., CC.OO., U.G.T., e U.S.T.G, entregaron no rexistro das oficinas da Xunta a convocatoria de folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume, e Ortegal. A data escolleita para este dia de loita obreira foi o 12 de xuño e afectara a todos os sectores productivos das tres comarcas.
Cunha porcentaxe escandalosa de paro na comarca que chega ao 32%, un 10% máis que a media de Galicia, cun dos mellores asteleiros do mundo e cunha man de obra en grao sumo cualificada, pero sen un só barco que comezar a construír nas gradas; cos polígonos industriais comidos polas malas herbas e o vórtice especulativo; coa emigración como o menos escuro dos futuros; a clase obreira de Ferrol e entre ela a C.N.T. volve dicir unha vez mais que non, que de ningún xeito, que non hai lugar para a resignación e que continúa a loita polos nosos dereitos, como se fixo sempre, coa folga como ferramenta, coa unidade na rúa e nos piquetes, como se fixo nos principios do século XX, como se continuou facendo en marzo do 72 e como se continúa facendo hoxe en dia.

No hay comentarios: