11 jun. 2013

Despido Nulo en Galipack


No día de hoxe, recibimos notificación da sentencia polo despido da nosa compañeira Tania na empresa de transporte Galipack (Transportes Javier Garcia Santos S.L.). A sentencia declara NULO dito despido e condena a empresa a readmitir á traballadora nas mesmas condicions do momento de producirse o despido.

A CNT de Betanzos considera esta sentencia unha demostración clara de que Galipack vulnerou os dereitos fundamentáis da nosa compañeira.

Queremos felicitar a Tania pola sua valentía. A sua actitude fixo que no seu momento a empresa tivera que aplicar o convenio de Transporte xa que non o facía. Tania pagou co seu despido dar a cara na empresa. Se todos os traballadores foran coma ela, non habería tantos abusos patronáis como hai. Agora Tania pode volver coa cabeza ben alta. Todo un exemplo de DIGNIDADE.

A CNT de Betanzos celebra e despois de moitos meses de espera, que Galipack teña que ceder ante o sindicato. Agora continuamos co apoio a Fátima, a Iago, a Iván.... e a todos as persoas que día a día van entendendo que a CNT é unha verdadeira ferramenta de loita e de apoio mutuo.

O Comité Local.

No hay comentarios: