24 sept. 2013

Finalizado o conflicto con Vidal y Gudiña S.C. (La Fortaleza)



A CNT de Betanzos da por finalizado o conflicto aberto co Restaurante La Fortaleza, unha vez que a empresa recoñece o despido improcedente da nosa compañeira Fátima.
Ademáis da indemnización correspondente, Vidad y Gudiña S.C. ten que abonarlle as horas extras traballadas, os días de vacacións e os festivos.
Nun primeiro momento a empresa negabase a recoñecer os importes demandados, pero finalmente ante a insistencia do noso sindicato que aportou numerosas probas das condicións irregulares no contrato laboral, a empresa chegou a un acordo que deixa satisfeitos ao sindicato e a sua afiliada.

Sección Hostalaría SOV Betanzos.

No hay comentarios: