4 oct. 2013

Universidade de Compostela (USC) é denunciada pola CNT


Sabido é que, desde hai anos, a Universidade de Santiago de Compostela destaca pola creación de órganos, servizos e sociedades desde as que xestionar externamente o público e que se prestan de maneira excelente ao incumprimento dos dereitos das traballadoras e dos traballadores, como levamos anos denunciando desde a CNT. Neste caso a demanda interpón-se contra o chiringuito Unixest, que ven significar Sociedade Xestora De Intereses Da Universidade De Santiago De Compostela. S.L.
O motivo da demanda é, por un lado, a coñecida práctica de contratación fraudulenta, posto que a USC realiza a través de Unixest contratos temporais en fraude de lei, que en realidade deberian ser indefinidos. Por outro lado, denuncian-se incumprimentos en matéria de conciliación da vida laboral e familiar.

No hay comentarios: