3 ene 2014

CNT demandará a GIN&CAFE Betanzos


A CNT de Betanzos vai demandar á Cafetería Gin&Café por ter traballadores en situación fraudulenta.
Un compañeiro deste sindicato foi despedido o pasado día 20 de Decembro desta cafetería. O despido fixose a "grito pelado" diante da clientela. Non imos agora a valorar as maneiras senon o fondo da situación laboral deste establecemento.
O noso compañeiro fora contratado un mes antes, e dado de alta por 1 día, cando en realidade empezou a facer xornadas de 10 horas, tres días cada semana.Cando se produce o despido o noso compañeiro ve que non está dado de alta na Seguridade Social e recurre ao sindicato que lle aconsella demandar.
Aínda así el intenta negociar de forma amistosa co dono do local. A día de hoxe aínda non cobrou o tempo traballado, e trás intentar negociar acompañado dun membro do Comité Local, o dono négase totalmente a chegar a un acordo amistoso, polo que o sindicato vai iniciar os trámites de Demanda en maxistratura.
Segundo nos informan outras persoas que traballaron neste establecemento, este local xa ten presentado outras duas demandas xusto fai dous meses. Estas foron presentadas polo sindicato UGT que asesora aos ex-empregados.
Ao parecer as formas, repitense unha e outra vez. Contratación por 1 día, Despido verbal semanas despois, obriga de asinar un finiquito polo día traballado, renunciando a iniciar demandas.....
CNT vai utilizar todas as ferramentas, tanto legáis como sindicáis para facerlle entender a estos empresarios sen escrupulos que non se xoga coa clase traballadora.
Solicitamos ao pobo de Betanzos que deixe de consumir nos locáis hosteleiros que incumpren o Convenio de Hostalaría e os dereitos básicos laboráis.

No hay comentarios: