8 mar. 2014

CNT crea Sección Sindical de Hostalaría en "La Barraca"



O 10 de Febreiro, reunidos en asemblea os afiliados e afiliadas da CNT no establecemento hosteleiro de "La Barraca" en Betanzos, decidimos dar o paso e constituir a Sección Sindical de CNT nesta empresa.
A sección conta de inicio con máis do 50% do persoal que traballa en Betanzos, e proximamente poñeremonos en contacto cos sindicatos da CNT de toda a comunidade para incrementar a nosa presencia a todos os establecementos de "La Barraca" en Galicia (Vigo, Coruña, Santiago...) así como a todas as empresas dependendes das empresas YARE 2010, S.L. e LIMPERHOSTEL, S.L.
Na asemblea de afiliados e afiliadas nomearonse a 3 compañeiras desta Sección para representar á CNT na empresa.
O 27 de Febreiro comunicouse á empresa a formación da Sección Sindical, solicitando ao mesmo tempo unha reunión para tratar  todas as cuestións relativas a relación laboral:

1. O Cumprimento do Convenio de Hostalaría de A Provincia de A Coruña, tanto nos salarios como na Xornada Laboral
2. A Legalidade dos contratos asinados e o recoñecemento da antigüedade real dos traballadores.
3. O recoñecemento da Sección Sindical como representante legal dos traballadores/as afiliados á CNT.

Con esta Sección Sindical, a Sección de Hostalaría do Sindicato Unico de Oficios Varios de Betanzos, da un paso máis na implantación do sindicato na nosa vila.

No hay comentarios: