15 mar 2014

CNT protesta polas tres despedidas en "La Barraca"

Na foto: As traballadoras despedidas no comezo da concentración.

Na tarde de hoxe CNT concentrouse diante do establecemento hosteleiro "La Barraca", para protestar polo despido de tres traballadoras deste sindicato que acababan de crear a Sección Sindical.
Inmediatamente que a empresa recibe a creación da Sección Sindical decide despedilas, cando tan só dous días antes renovara o seus contratos, o que demostra claramente que tan só motivos de discrimación sindical  e ningún outro motivaron estos despidos.
Os traballadores de "La Barraca" traballan por riba das 60 horas semanáis. Non se lles respetan os días libres. Non cobran segundo o Convenio de Hostalaría nen por transferencia bancaria, obrigandolles a asinar nóminas de 1100 euros pero cobrando en cheque tan só 900 euros.
Se esto parece pouco cambia a empresa cada pouco tempo sen consentimento dos empregados nun burdo intento de evitar a legalidade laboral.
A CNT convocou a perto de 40 compañeiros/as  que lle demostraron a "La Barraca" que Tania, Mónica e Vanessa non están soas, e que cando un empresario sen escrupulos ataca a Liberdade Sindical, toda a CNT responde.
O Sindicato repetirá e incrementará a presión á empresa, e xa ten pensado legalizar unha manifestación en Betanzos que contará co apoio dos sindicatos das localidades onde "La Barraca" ou a empresa Limperhostel ten presencia.
Ao tempo o equipo xurídico do sindicato prepara as demandas para obrigar a empresa a readmisión inmediata das despedidas.
A CNT renovará a sua Sección Sindical con novos traballadores de La Barraca que estanse a afiliar ao sindicato nesta vila e outras de Galicia.

No hay comentarios: