10 abr. 2014

Mesón "El Caserío" de Coirós: Pecha e deixa aos traballadores sen cobrar


Salvador Beltrán Moreno, último proprietario do Mesón "El Caserío" en Coirós, pechou o seu negocio e desapareceu do mapa. Na fuxida "olvidou" dar de baixa as súas empregadas e tamén pagarlles. 

CNT vaino demandar porque resulta que os traballadores e traballadoras da hostalaría na nosa comarca saben que o sindicato non para ata lograr que esta explotación laboral á que nos teñen acostumados os empresarios hosteleiros, está atopando un inimigo duro de roer.
Por iso tamén os traballadores de "El Caserío" empezan a organizarse na CNT.

Salvador!! Non te escondas que imos dar contigo, e vas ter que pagar. Pagarás os salarios que non pagaches, e pagarás as cotizacións que lle debes a Seguridade Social.

Sección Hostalaría. CNT Betanzos.

No hay comentarios: