3 oct 2014

CNT denuncia a Zemsania e Coremain por cesión ilegal de traballadores



A CNT ven de denunciar a Coremain e a Zemsania por cesión ilegal de traballadores.
No caso denunciado o compañeiro, contratado oficialmente por Zemsania, desenvolve todas as actividades do seu traballo nas oficinas de Coremain. Ademáis recibe ordes de Coremain, usa o material proporcionado por estes e mesmo o seu correo electrónico do traballo pertence a Coremain.
Chega a tal punto o esperpento desta subcontratación fraudulenta que é o compañeiro quen ten que informar á empresa contratante das actividades que realiza no seu posto de traballo.
Por se esta precarización non fose suficiente, o noso compañeiro está cun contrato por obra ou servizo para a colaboración nun proxecto que nin existe. A realidade é que realiza labores en varios proxectos da empresa Coremain.
Coremain e Zemsania deben saber que a CNT non cesará nas súas accións até que respecten os dereitos dos seus traballadores e traballadoras!

No hay comentarios: