A CNT chama á abstención nas próximas eleccións sindicais pois pensamos que os comités de empresa non representan os intereses reais dos traballadores e as traballadoras ao negarlle a palabra e a participación directa nos nosos propios problemas e na defensa dos nosos intereses.
Ante a perda de dereitos laborais que provocaron as dinámicas pactistas do modelo sindical baseado nos comités de empresa, a CNT propón unha forma de actuar diferente. Non temos liberados nin subvencións nin filiación política que poda determinar as nosas decisións ou entren en conflito coas nosas aspiracións, polo que as nosas demandas partirán sempre dos nosos intereses como traballadores e a súa resolución dependerá exclusivamente da nosa vontade.

A NOSA FERRAMENTA
Na CNT organizámonos en Seccións Sindicais. Estas non nacen dun proceso electoral, senón dunha asemblea creada polas persoas que as formarán e que serán o órgano dende o que tomaremos as nosas decisións de maneira horizontal.
A Sección Sindical trata coas empresas a través dun representante elixido pola mesma asemblea cuxo fin é tratar as demandas da Sección. Esta persoa, a diferencia dos delegados do comité de empresa, non ten privilexios que o distingan do resto.
A mellor ferramenta a unha situación laboral precaria é a Sección Sindical posto que só así os nosos intereses se reivindican de maneira directa, sen intermediarios, e só así os nosos dereitos se defenden directamente. Así temos a garantía de que nunca se asinarán despedimentos, baixadas de salarios, modificacións das condicións de traballo ou calquera outro pacto sen a nosa vontade e nunca se fará unha negociación ás nosas costas. Os pactos que acade a Sección Sindical só se aplican á plantilla que forma parte dela, se ben calquera traballador da empresa pode adherirse a eles.

A NOSA PROPOSTA
Os sindicatos tradicionais insisten en que só eles teñen capacidade de organizarse sindicalmente, idea totalmente falsa pero que lles interesa difundir. Na CNT propoñemos un modelo diferente. A CNT chama á acción, a sermos partícipes das nosas decisións e do noso futuro, a exercer a palabra directamente para garantir que se nos escoite. Propoñemos a organización horizontal e asemblearia a través dunha Sección Sindical forte e independente onde podamos defender os nosos dereitos laborais e ver cumpridas as nosas reivindicacións, sen intermediarios nin negociadores.

O QUE DENUNCIAMOS
O desmantelamento progresivo do SPCDIF que a Xunta, a través da Consellería de Medio Rural, vén levando a cabo mediante a externalizacion do servizo e cuxo obxectivo é a privatización do servizo.
As políticas que practica a Xunta alegando falsas vantaxes no económico e cuxo resultado real son a diminución dos recursos públicos necesarios para que o persoal laboral poida desenvolver unha labor profesional adecuada e efectiva en favor de empresas privadas e subcontratas que se enriquecen á costa dos dereitos dos seus traballadores e traballadoras e de sacrificar un servizo publico, deixando o patrimonio natural en mans de intereses privados e valores económicos por riba do ben común
A suposta reestructuración do servizo que a Xunta vén aplicando á costa de modificar á baixa as nosas condicións de traballo e cuxo resultado se traduce en recortes constantes de dereitos e condicións laborais, a non cobertura de prazas, baixas ou xubilacións, o que provoca a inoperatividade das brigadas de extinción e pon en serio perigo o servizo e ao propio persoal laboral.

O QUE EXIXIMOS
-Que se restauren os nosos dereitos perdidos e se remate coa nosa inseguridade laboral
-Fin das amortizacións das prazas no servizo e contratación de novo das prazas amortizadas
-Non á restruturación das brigadas, pois son despidos encubertos e merman a operatividade do servizo
-Servicio público 100% con listas únicas de contratación
-Clasificación profesional como Bombeiros Forestais
-Entrega da roupa laboral necesaria nos periodos estipulados no convenio
-A defensa dos nosos postos de traballo, cobertura de prazas e non diminución do numero de persoas nas brigadas.
-Conversión en persoal laboral da Xunta do persoal fixos-discuntinuos e do persoal temporal subcontratado.
-Seguridad en el trabajo e medios eficiente, de forma que non se poña en perigo as nosas vidas

AO QUE ASPIRAMOS
Esiximos un servizo forestal 100% público no que se integren todos os traballadores e as traballadoras do medio rural en igualdade de condicións e dereitos, onde o traballo se desenvolva ao amparo dun convenio xusto e se proporcionen os medios necesarios e adecuados para o desenvolvemento das nosas funcións.
Aspiramos a que se desenvolvan políticas sustentables nas que prime o ben común, a protección e conservación dos espazos naturais en detrimento de intereses económicos e privados.
Entendemos que o coidado e o uso racional dos recursos naturais do monte e os bosques poden ser fonte de desenvolvemento económico e benestar social grazas aos bens e servizos que a nosa contorna natural nos ofrece

No hay comentarios:
Publicar un comentario