18 abr. 2015

Venres 17 de Abril: Accións simultaneas contra La Barraca




Onte, Venres 17 de Abril, a CNT concentrouse con notable éxito e repercusión, diante de dous establecementos de La Barraca. 
Os actos fixeronse nas cidades de A Coruña e de Vigo.

As accións da CNT irán en aumento tanto en periodicidade como en intensidade. Non pararemos ata que os "empresauros" readmitan as nosas tres compañeiras despedidas e que paguen todos os salarios adebedados. Temos 3 sentenzas de Nulidade e non pararemos ata que se fagan efectivas.

A medida que pasan os días, máis e máis traballadores/as vanse achegando a Sección Sindical que a CNT ten nesta empresa que non cumpre o Convenio de Hostalaría, non cotiza a Seguridade Social e estafa e amedrenta aos seus empregados.

Se traballas en La Barraca, ponte en contacto coa CNT da tua localidade. Defende os teus Dereitos.

No hay comentarios: