27 nov. 2006

A lei do Silencio

A LEI DO SILENCIO
Imos cumprir un mes do accidente mortal que lle custou a vida a Xosé Manuel e semella imperar a lei do silencio,ninguén viu nada,escoitou nada,os papeis burocráticos estaban en regra,as fotocopias compulsadas do plano de prevención perfectas,a avaliación de riscos axeitada.alguén morreu pola fatalidade do destino,non hai que darlle máis voltas,cometería un fatídico erro.Son cousas que pasan tódolos días e a todas horas,tocoulle a él,mañán tocaralle a outro.E tampouco,se saberá nada porque,como sempre,ninguén vai ver nada nin escoitar nada.Tódolos papeis seguirán a estar perfectos,os planos de prevención ben compulsados pola autoridade laboral competente.Non hai que remexer.Así é a democracia laboral que se respira na pequena empresa,coa súa ben entendida liberdade de expresión,sen medos nin complexos.
Mentras o próximo podes ser ti,a ruleta segue a correr,ninguén testificará no teu favor futuro difunto,aínda que semelles ser mellor persoa que o empresario que te nega o dereito á vida,a vida dos teus.porque o medo impera e convirte as persoas,os teus compañeiros,en alimañas cobardes e falsas...e a selva dicta as súas normas máis aló das oito horas que os papeis din que traballas.

No hay comentarios: