20 ene 2007

Gadis e as horas extras


O Sindicato C.I.G. está a facer unhas concentracións diante das portas do Gadis de Betanzos as 21.30 horas para publicitar ao pobo de Betanzos do incumplimento da lexislación relativa as horas máximas de traballo. Compañeiros deste sindicato fixeronnos chegar un panfleto onde denuncian a situación desta empresa no seu centro de Betanzos (Av. García Naveira).
Namentres a dirección da empresa insiste en que no se pasa das 8 horas e que non se fan horas extras, todos sabemos os horarios destes establecementos e os traballos que se teñen que dessenvolver antes e despois do horario de apertura.
Desde C.N.T. queremos chamar a solidariedade cas traballadoras/ es de Gadis, especialmente con aquelas que se organizan e loitan polos seus dereitos. Animamos os afiliados e simpatizantes da CNT de Betanzos a que lles fagan chegar palabras de solidariedade, e que se chegado o día, e a empresa non cambia a sua actitude prepotente, facerlle chegar a estratexia de boicot que hoxe lle temos preparada a outra empresa do ramo como é Mercadona.
¡¡Traballadores. A unión é a nosa forza.!!

No hay comentarios: