Señor,ilumina o meu corazón
O multimillonario e rechamante embaixador do estado español na Santa Sede,Paco Vázquez,ex alcalde de La Curuña ofrécese en corpo e alma co noble labor de conquerir o Obispado para Coruña,un vello anhelo para os Coruñeses ben paridos e ben nados.Dende o seu novo posto na legación apostólica loitará ate o derradeiro alento na sagrada batalla.¡Que gran vasalo se houbese bo señor¡.As súas armas de todos coñecidas:esa gran preocupación polos desfavorecidos que o levou ate as máis altas cotas do pelotazo urbanístico ,un interés desmedido polos asuntos do ceo que o moveu a crear sociedades tan etéreas como Iglevaz,foise co vento.Ou ¿que dicir desa tan humilde despreocupación polo terrenal?mesmo na súa futura ocupación do destartalado paciño do parrote a precio de ganga.
¡Que santa vocación a deste prohome,sempre preocupado polos asuntos vaticanos,sempre horrorizado polo vacuo das súas contas bancarias¡,todo un cabaleiro cristián merecedor dun Papa Borgia.¡Que ben estarían atendidos os asuntos do noso Señor en mans dun santo varón como O Reverendísimo e Excelentísimo D Francisco Vázquez,Obispo de La Curuña.Xa o vexo en letras douradas:o ceo próximo a recalificar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario