Non sei se será por mor das eleccións,datas típicas do santoral para prometer o ouro e o mouro ou tamén para ceibar a lingua a pazer daquel xeito,o certo é que un atopa afirmacións tan rotundas como a que aparece publicada no xornal dos comerciantes de Betanzos:"O Ave suporá un gran logro paraBetanzos",dito en boca do candidato á alcaldía polo Bloque;volto a ler e as rechamantes verbas seguen alí.É dicir,non era unha antroidada.Logo ,burro de mín,lembreime dos millares de iuppies na estación do Norte de cabalo para Madrid babexando con ansiedade ao ritmo do chachacha do tren.Foi de seguido cando me decatei deses centos de estudantes brigantinos de postgrado,das ducias de grandes bodegueiros da comarca,de dous artistas dos arredores,do Conde de Taboada e da cargante da executiva provincial popular,sen esquecerme tampouco do crego de Tiobre.Un ave cheo ata a bandeira .O falar non ten cancelas:os miles de megavatios que consume un cacharro deses comparable ao gasto eléctrico dunha cidade de 50.000habitantes.O navallazo na xa malferida paisaxe e natureza,as expropiacións forzosas no rural,a incomunicación que xenerará nas cercanías,tan necesitadas de doble vía e un horario racional para os traballadores que se moven decote pola comarca.Sr. Botana :o tren do despilfarro non nos cola
No hay comentarios:
Publicar un comentario