26 mar 2007

Concentración no Mercadona en Vilalba (Lugo)


A C.N.T. intentou legalizar unha Sección Sindical de traballadores en Mercadona en Vilalba (Lugo) e Mercadona segue acosando aos traballadores pola súa opción sindical.

En Lugo, seguindo a mesma política que en San Sadurní D’Noia (Barcelona) onde hai unha folga que dura 1 ano, e pese á postura negociadora da mencionada Sección Sindical, Mercadona procurou sempre facer a vida imposible ao Delegado de dita sección, a fin de que voluntariamente se fora da empresa. Como non o conseguiu deste xeito, comunícalle o despido sin razón lóxica alguna.

O S.U.O.V. da C.N.T. en Lugo chama aos traballadores a mostrar a súa repulsa a estas tácticas laborales de acoso e despidos arbitrarios.

¡ ÚNETE E LOITA ¡O DÍA 31 DE MARZO ÁS 12.00 H. LEVARASE A CABO UNA CONCENTRACIÓN DIANTE DO MERCADONA EN VILALBA (C/ Plácido Peña, s/n).


No hay comentarios: