Sabemos por comunicación directa de dous afiliados á CNT de Betanzos, que unha ducia de persoas andan a facer un Ateneo na nosa vila. O Ateneo Libre Pensamento. Non nos queremos adiantar á súa presentación pública, e por tanto esperaremos a que eles nos digan que queren facer nesta vila apagada e conservadora. Xa leemos o manifesto que será publico. E desde CNT queremos apoiar e dar publicidade a esta iniciativa, que sen ser esplicitamente libertaria, bebe da historia dos Ateneos Obreiros que tanta iniciativa cultural levaron adiante no primeiro tercio do secuo XX. Esperamos que pronto poidamos colgar unha foto cos actuáis integrantes desta nova Asociación e axudar a así a recuperación dunha inicitiva colectiva, social e horizontal: Unha necesidade e un dereito dos betanceiros. Unh aposta polo artellamento dun tecido social solidario ao marxe dos partidos políticos.
Non nos resignamos a pensar que nada se poda facer nin cambiar. Efectivamente ninguén pode facelo só ou desorganizado, pero rachando o illamento e a resignación, iremos avanzando.
Benvidos compañeiros. Recuperemos o pensamento verdadeiramente socialista e libertario.
1 comentario:
Moita sorte co Ateneo!! e Noraboa polo blog que creo non o mencionei en novas anteriores.
Publicar un comentario