A IV Semana de Cinema Anarquista celebrarase na sala Yago de Compostela do 2 ao 6 de maio, proxectandose as seguintes películas:
Queridísimos verdugos
Director: Basilio Martín Patino
Intérpretes: Co protagonismo dos tres verdugos: Antonio López Sierra, Vicente Copete, Bernardo Sánchez Bascuñana
España – 1973
Duración : 100’
Da man dos tres verdugos -"executores de senténcias"-da España dos primeiros anos setenta, explorá-se unha zona particulamente escura da ditadura franquista Para alén do alegato contra da pena capital, a história decorre a vida persoal dos protagonistas e os diferentes xeitos de entenderen o ofício, a dos axusticiados por eles no garrote vil. Tracexa-se un retrato atroz da sociedade na que se desenvolven estes tres verdugos: Antonio López, Vicente Copete e Bernardo Sánchez.
Mércores 2 ---- 20 h.
Venres 4 ------ 22,30 h.
Mulleres insubmisas / Mujeres insumisas
Director: Alberto Isaac
Intérpretes: Patricia Reyes Spíndola, José Alonso, Lourdes, Elizarraras, regina Orozco, Juana Ruíz, Juan Claudio Retes, Margarita Isabel, Héctor Ortega
México – 1995
Duración : 115’
Cansas de levar vidas abnegadas e submisas, catro mulleres dun poboado mexicano deciden deixar todo e fuxir na procura de mellores horizontes para a sua vida. No seu camiño face os Estados Unidos, as mulleres perseguen a ansia de estabelecer-se de maneira independente, sen ataduras nen fillos e, sobretodo, sen os seus homes.
Mércores 2 ---- 22,30 h.
Sábado 5 ---- 20 h.
A estratéxia do caracol / La Estrategia del caracol
Director: Sergio Cabrera
Intérpretes: Yesid Ferrara, Armando Floyd, José Garzón, Edilberto Gómez, Clemencia Gregory, Delfina Guido, Vicky Hernández, Jorge Herrera, Alejandro Junca, Florina Lemaitre, etc.
Colombia/Italia – 1994
Duración 112’
Os viciños dun dos bairros máis pobres da cidade colombiana de Bogotáluchan para evitar o derribamento da casa onde viven, propriedade dun millionário sen escrúpulos. Defendendo o edificio contra os xuíces e polícias, planexan unha orixinal estratéxia ideada e dirixida por Don Jacinto, un vello anarquista español. A loita contra os especuladores e os corruptos está perdida antes de comezar, mais os viciños están dispostos a facer o que sexa preciso para defenderen a sua dignidade.
Xoves 3 ---- 20 h.
Sábado 5 --- 22,30 h.
O xoves día 3 às 17,30 h e o venres 4 às 11 h haberá un pase do filme para institutos da zona.
Recursos humanos / Ressources humaines
Director: Laurent Cantet
Intérpretes: Jalil Lespert (Franck), Jean-Claude Vallod (El padre), Chantal Barré (La madre), Véronique de Pandelaère (Sylvie), Michel Begnez (Olivier), Lucien Longueville (El patrón), Danielle Mélador (Danielle Arnoux, la sindicalista), Pascal Sémard (El DRH), etc.
Franza – 1999
Duración: 100’ (v.o. subtitulada)
O filme de Cantet, foi rodado con uns ornamentos moi limitados que non chegaron a superar os 900.000 €. Centrado en temas tan candentes como as relacións paterno-filiais e as negociacións sindicais polas 35 horas na empresa onde pai e fillo traballan. A fita foi rodada nunha verdadeira empresa de 200 asalariados cos seus correspondentes obreiros e o único actor profisional é Jalil Lespert (o fillo).
Xoves 3 ---- 22,30 h.
Domingo 6 -- 20 h.
A grande ilusión / La grande illusion
Director: Jean Renoir
Intérpretes: Julien Carette, Marcel Dalio, Jean Dasté, Werner Florian, Pierre Fresnay, Jean Gabin, Sylvain Itkine, Gaston Modot, Dita Parlo, Georges Péclet, Erich von Stroheim
Franza – 1937
Duración: 114’ (v.o. subtitulada)
1ª Guerra Mundial. Dous oficiais pertencentes ao exército francés, o capitán De Boieldieu (Pierre Fresney) e o tenente Maréchal (Jean Gabin), provenientes de moi diferente estatus social, son feitos prisioneiros e levados a un campo de concentración alemán.
Alí farán relación cos outros prisioneiros de diferentes condicións e nacionalidades e cos seus captores, dirixidos polo capitán Von Rauffenstein (Erich Von Stroheim).
Hai un grande realismo poético en todo o filme, un gosto polos planos longos e unha memorábel secuéncia final, aparte dos seus valores éticos indubidábeis.
Venres 4 ---- 20 h.
Domingo 6 --- 22,30 h.
Miss Ledya
Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece. Dirixiu-no en Pontevedra José Gil y Gil en 1916 con guión de Rafael López de Haro, ten unha duración de 20 minutos e narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledya e seu tio, millonário, desde os Estados Unidos e a sua estáncia na Illa da Toxa onde coinciden cos reis de Suávia que estaban de incógnito e que están ameazados pola chegada dun anarquista que pretende realizar un atentado. Unha anecdota a sinalar é que Castelao participou como extra no filme, os actores, amadores, pertencian à burguesía pontevedresa. Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no Museu de Pontevedra até 1996 cando llo cedeu à Filmoteca Española. Actualmente está no Centro Galego de Artes de Imaxe que restaurou a cópia.
O filme foi cedido polo Museu de Pontevedra para a sua proxección nesta IV Semana de Cinema Anarquista.
Proxectará-se ás 22,30 h. (antes do filme principal) todos os dias do ciclo

No hay comentarios:
Publicar un comentario