Sara ten nove anos e vive no rural da provincia de A Coruña,nunha poboación gandeira do interior na que cada ano nacen menos nenos.A súa nai traballa nun taller téxtil e o seu pai está ao fronte dunha modesta explotación gandeira.Sara como moitos pequenos do rural non entende porque o seu día lectivo atópase partido,empeza a xornada ás 10:30 e remata ás 17:30 ;de xeito que fica dúas horas ao mediodía,nunha media hora xanta e logo ten unha hora e media de espera para reanudar a xornada de tarde,a espera faise curta xogando polo patio de recreo cando o tempo é bó ,pero cando chove e vai frío deambula paponeando polo patio cuberto.O seu colexio é vello e húmido e coma moitos outros construído nunha braña,a última vez que pintaron o colexio foi cando a mamá rematara a EXB.
A Sara tamén lle gusta a música e está empezando a tocar a trompeta na Banda de Vilar,o seu pai vaina recoller pola tarde para non perder o tempo da viaxe do bus,os dous días que vai a Vilar remata tarde,ao chegar , logo de cear e preparar as tarefas da escola acaba deitándose tarde.
Sara acaba de escoitar na televisión que A Conselleira de Educación vai a conciliar un pouco máis a súa vida familiar,Sara será unha afortunada porque no mes de Xuño e Setembro vai poder seguir disfrutando da racional xornada partida,o malo é que dentro dos futuros plans da Consellería non entra a instalación de aire acondicionado e moito menos a construcción dunha piscina.Sara ten un caderno onde vai apuntando por se algunha vez a Conselleira ven co Touriño a inaugurar o curso escolar:Por que a vida escolar de milleiros de alumnos/as está regulada polos intereses das empresas de transporte?.Por que hai un bus que só leva a tres nenos?.Que mal lles fixemos para non ter dereito ás actividades extraescolares nun horario decente?

No hay comentarios:
Publicar un comentario