11 may 2007

Casas anarquistas de mulleres libertarias



A CNT da Galiza ven de sacar á luz un interesante folleto da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Carmen Blanco, titulado "Casas anarquistas de mulleres libertarias”. A resisténcia anarquista das mulleres despois do levantamento fascista de 1936. O que comezou sendo unha charla en Pontevedra, rematou por se converter nun folleto, editado pola CNT (Confederación Nacional do Traballo), onde se narra a organización e compromiso das mulleres anarquistas naqueles primeiros anos do fascismo que actuaron xenerosa e solidariamente para intertar librar dunha morte segura a decenas de sindicalistas da CNT, de mulleres afiliadas a Mulheres Livres e de anarquistas da FAI (Federación Anarquista Ibérica) e da Federación Ibérica de Xuventudes Libertárias. Arriscaron a sua vida para salvar a persoas que non tiñan que ver co movimento libertário.
Carmen Blanco oferece unha suxerente visión da resisténcia libertária, unha visión de xénero que en multitude de ocasións se esquece nas publicacións sobre a memória histórica. As mulleres libertárias tiñan nomes e apelidos, faciana e corpo, pero, cantas veces aparecen a pé de páxina cando elas foran protagonistas do momento e só fica subliñado o nome do home !. Elas, coruñesas, viguesas, arousás, betanceiras, de Lousame, de Xubias, ficaban agochadas na historiografía até que historiadores como Dioniso Pereira, Eliseo Fernández e a escritora Carmen Blanco botaron luz sobre o negro e fondo buraco.
Comentarios extraídos da Web da CNT Galaica.

No hay comentarios: