13 may 2007

Folga no Metal. Pontevedra.


A situación do sector naval na Ría de Vigo, está nunha situación sen saída. A patronal non cumpre o convenio provincial do metal de Pontevedra, asinado na primavera do 2006 en materia salarial e en materia de emprego.
Neste último caso, a patronal nin cumpre a obriga de contratar segundo a bolsa de emprego (Axencia da Bolsa de Emprego), nin tampouco cumpre no relativo a transformar contratos temporais en indefinidos segundo a porcentaxe prevista no convenio: 35% fixos en 2006, 45% no 2007 e 50% no 2008.
Trátase dun pulso botado aos sindicatos pola patronal, dígase o que se diga.
Como sabedes, a folga comenzou o xoves 3 de maio, circunscribíndose ao ámbito das empresas auxiliares que traballan nos asteleiros da provincia de Pontevedra (básicamente concentrados na Ría de Vigo). Esta folga estaba convocada pola CIG, CCOO, UGT e CUT. A patronal esixiu que para se reunir cos sindicatos a CUT debería non estar presente na mesa negociadora, debido a escasa presencia no sector (6 delegados dos 1030 que hai no metal de Pontevedra), e porque non estaba na comisión paritaria do convenio.
A CUT retirouse para non estorbar nas negociacións. Despois de varias reunións, o venres 11 a mesa negociadora rómpese debido a que a patronal alega que a raíz do lanzamento dun cóctel molotov no tellado do seu local, vese presionada.
É dicir: primeiro por culpa da CUT, despois por culpa dun cóctel molotov... mañá a saber por qué... O asunto é ir gañando tempo e de paso botándolle as culpas ás vítimas do seu incumprimento do convenio.
Agora, o sábado 12, a CIG e CCOO convocan folga xeral no sector do metal da provincia (Citröen incluida). UGT en principio non se suma.
Desde a CNT, vémoslle “mala comida” ao asunto. En primer lugar a patronal non é quen para dicir se tal ou cual sindicato vai estar na mesa negociadora, despois de incumprir unha norma de obrigado cumprimento durante máis dun ano. Os sindicatos non deberon consentir ese despropósito, xa que a lei os ampara, pois é o comité de folga o encarregado de facer todas as xestións conducentes a resolver o conflito.
En segundo lugar, a división sindical é o pior que se pode producir nunha folga, máximo desta envergadura.
En terceiro lugar, estáse a criminalizar aos traballadores pola queima de contenedores e catro trapalladas máis, cando a Patronal está a defraudar á Facenda Pública, á Seguridade Social, aos Traballadores, contaminan a Ría, e fan cuarenta mil falcatruadas de moitísimo máis valor, e non pasa nada.
Os traballadores non poden acudir a folga pensando en que teñen que ter moito coidado co que fan, xa que os van criminalizar, pois se o convenio do 2006 recolleu a creación desa bolsa de emprego que á patronal lle leva ao demo, foi precisamente polo lío que se fixo en Vigo.
A CNT vai estar apoiando en todo momento a decisión maioritaria dos traballadores que teñen dignidade. Polo cumprimento do convenio, pola creación de emprego, porque se remate o abuso.

No hay comentarios: