21 may 2007

Constituíuse a Asociación Galega de Técnicos do Audiovisual (ATEGA).


Recentemente constituíuse a asociación galega de técnicos do audiovisual (ATEGA). Os motivos de que ATEGA se formase son moitos, pero a gota que desbordou o vaso foi o sucedido na rodaxe da película que producía DIGRA e que no mes de novembro se paralizou, deixando unhas 80 persoas na rúa. Parece ser que a idea principal foi formar un sindicato de técnicos, pero non podendo ser, debido a leis que establecen un número determinado de afiliados que non cumprían, fórmase como asociación e é presentada recentemente aos medios de comunicación. ATEGA constitúese como a primeira forza representativa dos técnicos do audiovisual galego. Dende CNT queremos mandar un saúdo a ATEGA e comunicarlle que na Confederación aínda non hai un sindicato do audiovisual, pero si técnicos afiliados no sindicato de oficios varios que nos porán ao tanto de todo o que suceda no sector. Contade co noso apoio a todos os técnicos do audiovisual galego en torno aos seus dereitos e reivindicacións.
Para máis información da situación do sector, hai un excelente traballo, chamado "Unha de Gansters?" no Solidariedade Obreira nº 3.

No hay comentarios: