A día de hoxe, Betanzos sigue a ser unha vila onde o sector hosteleiro ten certa importancia dentro do tecido laboral. Das tabernas tradicionáis e familiares estase pasando a un sector de tipo empresarial pensado para o cada vez maior número de visitantes. Deste xeito aparecen locáis onde podemos ver un cada vez maior numero de asalariados, xovenes na merirande parte e moites deles procedentes de paises latinoamericanos.
Ademáis da inestabilidade propria deste sector que contrata persoal nas festas e no verán, estase dando un novo tipo de emprego. Aquel que falta de todo control aproveitase do paro xuvenil, da inmigración e da desorganización sindical. Agás nas empresas medianasou grandes, que poucas hai, os sindicatos do "sistema" non teñen interés ao non existir eleccións sindicáis, de onde sacan os seus beneficios vía subvención por delegado.
Ben pois nesta realidade, cheganos noticias de abusos patronáis que parecen sacados do seculo pasado. Aproveitando o total descoñecimento dos dereitos dos traballadores, e tamén pola necesidade de "aguantar", os empresarios da Hosteleria, non respetan o convenio do Sector. Traballadores sen dar de alta, xente con contratos de 4 horas e traballando de 10-12 horas diarias, impago de vacacións e de finiquitos, tempos de "practicas ou en probas "abusivas, pagos en negro etc. etc.
E namentres isto pasa, moitos de nos, saímos aos viños, e as copas, tapandonos os ollos e participando co silencio complice, en todos estes casos de explotación laboral.
Esta situación non vai mudar sen que os propios interesados se organicen pero desde CNT temos a obriga de darnos e darlles esa ferramenta de defensa.
Animamos aos traballdores da Hosteleria que denuncien os incumplimentos do convenio e aos traballadores en xeral a que non consuman naqueles "antros" onde saiban destes casos.
Para empezar queremos recordar os puntos básicos do que a Patronal debe cumprir:
Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.
As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario garantido,
incrementado coa antigüidade consolidada se é o caso, para as distintas categorías sinaladas neste convenio.
Artigo 10º.-Vacacións.
Tódolos traballadores terán dereito a 30 días de vacacións anuais, que se poderán gozar en bloque ou fraccionadas en dous períodos de 15 días cada un.
A decisión de gozalas nun período ou dous, así como a data ou datas de goce, terá que ser de mutuo acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores. No caso de desacordo entre as partes, a xurisdicción competente fixará a data que corresponda para o desfrute, e a súa decisión será irrecorrible.
Con independencia das vacacións, os traballadores gozarán dos días non laborables legalmente
establecidos.
Artigo 11º.-Xornada laboral.
A duración máxima da xornada de traballo será de 1.782 horas anuais de traballo efectivo, distribuídas en 40 horas semanais de media. Tódolos traballadores terán dereito como mínimo, a día e medio ininterrompido de descanso semanal. As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán una retribución específica, incrementada, como mínimo, nun 25 por cento sobre o salario base.
Artigo 12º.-Contratación.
A) Contrato de formación:
Para este tipo de contrato, establécese unha duración mínima de seis meses e unha duración máxima de tres anos.
En canto á súa retribución, acórdase que durante os dous primeiros anos, aboaráselle ó
traballador contratado desta maneira o 85% do salario fixado no convenio para o posto de traballo obxecto da contratación. O terceiro ano aboaráselle ó traballador o 95% do salario que se fixe no convenio para o posto de traballo obxecto do contrato.
B) Contrato por esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos:
Para este tipo de contrato acórdase que teña unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses.
Artigo 15º.-Calendario laboral.
As empresas e establecementos regulados polo presente convenio deberán contar cun calendario laboral no que figuren as quendas de traballo, descansos semanais, quendas de vacacións para cada traballador e festas anuais.
Este calendario laboral será realizado pola representación da empresa e os representantes dos traballadores, tendo que quedar fixado antes do 31 de outubro do ano anterior ó que se trate.
Os empresarios deberán facer unha copia, asinada convenientemente polas representacións respectivas, expoñéndoo nun lugar visible do centro de traballo, para coñecemento de tódolos traballadores, así como copia ós representantes.
Artigo 17º.-Licencias.
Sen perda de ningunha retribución, as empresas concederán licencias nos casos seguintes e coa seguinte duración:
-Matrimonio do traballador: 15 días.
-Enfermidade grave, intervención cirúrxica ou morte do cónxuxe, pais, fillos ou familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: catro días.
-Por parto da súa dona: catro días.
-Voda de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns: un día, se é dentro da provincia, e tres días se é fóra dela.
-Traslado de domicilio habitual: un día.
-Libre disposición, non acumulable ás vacacións: dous días.

En CNT non facemos distinción entrea traballores fixos ou temporáis nen polo lugar de nacemento. Todos temos iguáis dereitos. A CNT está a organizar o sector da Hostelería por todo o país. Non deixes que te pisen. Contacta coa CNT.
No hay comentarios:
Publicar un comentario