Quén non ten no portal da súa casa un, ou dous, tres... periódicos deses que chaman "gratuítos" e que nos dan noticias do que pasa en Betanzos. Desde unha farola rota ata unha comilona de non sabemos que asociación empresarial.
Pois sí, efectivamente, os xornáis igual que os nenos non veñen de París. Un sector precario como poucos vai casa por casa, cos xornáis de noticias (moitas delas hai que buscalas entre tanta publicidade que é quen paga e manda). De seguro que estas empresas son ONG ou Sociedades sen animo de lucro. Ja,ja.
Pois sí.
Neste contexto vai ser díficil pensar que estes traballadores estén dados de alta ou baixo o convenio colectivo nacional de Prensa no diaria. Sería moito pedir.
Pois nada paisanos. Seguide coa vosa vida sen preocuparse. En Betanzos non hai precarios, nen parados, nen problemas sociáis. O importante debe ser si manda no Concello fulanito ou menganita.
Seguiremos informando...
Pd: O dibuxo fai referencia ao Conflicto, victoria sindical e posterior Organización dos repartidores de prensa de Sevilla. Todo un exemplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario