9 jun 2007

Marcha de Ferrol a Teixeiro pasa por Betanzos





Esta mañan cerca de 150 participantes na marcha a pé (Ferrol-Teixeiro) pararon a facer un descanso no seu camiño,en Betanzos, na Zona da Ribeira. Acercamonos ata ali, con animo de solidarizarnos ca loita contra Reganosa e pola posta en liberdade de Bernardo Bastida (patrón maior da Confraría).

Os animos están quentes. "Homes, mulleres e nenos andando 70 km porque un deles está a pagar unha decisión de todos." nos din un participante da marcha.

-¿Cando pensades chegar a Teixeiro?

- Mañan Domingo estaremos alí a iso das tres. Faecendolles ver que este non é un problema de un ,chamese Bastida, ou como se queira. A decicisión foi de toda unha asamblea. Así que se queren que nos metan a todos dentro.

- ¿Notades apoio da xente aló por onde pasades?

- Pois a verdade e que sí. Non só en Ferrol, Mugardos e na ría estase contra este monstruo. Eu creo que moita xente sabe que levamos toda a razón e estase a mostrar solidario.

- ¿como están os animos?

-Pois imaxinate. A policía igualiño que en 1972. Xa non se recordaban cousas coma esta , os que temos certa idade. Nin que resucitara Franco. Pero nos voltaremos a mar a impedir que entre outro (referindose as gasificadoras)

- Non vos queremos fastidiar o voso descanso con mái preguntas. Quedan moitos kilometros e vai moita calor. A CNT de Betanzos espera poder estar mañan en Teixeiro con todos vós. Moita saude e forza na loita.

-Agradecemos todas as mostras de apoio. Moitas grazas.







No hay comentarios: