2 jun 2007

Reganosa. Comunicado da CNT de Ferrol.


Ante os últimos feitos acaecidos en relación coa planta de gas en ferrol, o sindicato de oficios varios da CNT de Ferrol manifestamos o seguinte:
Exisimos inmediata posta en liberdade do patrón maior da cofradía de Ferrol Bernardo Bastida, así coma do resto dos represaliados pola irracional e desmesurada carga policial acontecida diante dos xulgados.
Denunciar a lamentable imaxen que os veciños puidemos comprobar sobre os menbros da policia antidisturbios que poucas horas despois de emplear a violencia contra nos, o celebraban borrachos de bar en bar polo canton de molins entonando canticos fascistas co brazo erguido do tipico saludo fascista
Reafirmamos o noso firme compromiso, pase o que pase, para continuar a loita contra o actual emprazamento de Reganosa que pon en perigo a vida de mais de 100000 cidadans da nosa comarca, e que de calquer maneira, pora fin a unha das maiores fontes de riqueza da nosa cidade, da que viven centos de familias relacionas coas tarefas de marisqueo.
Que se deixe traballar ás xentes do mar e se lles indemnice polas perdas de xornadas laborais
Que dimita o delegado do goberno Manuel Ameijeiras por poñer ás forzas da policiais á disposición da empresa privada Reganosa e polo constante acoso e ataque aos cidadáns que protestan
Asi mesmo queremos denunciar a vergoñenta hipocresia do resto de organizacionbs sindicais da comarca ante os feitos acaecidos, dado que o seu apoio foi fundamental para o asentamento desta industria altamente perigosa, e polo tanto son directos responsables do acontecido, situandose do lado dos empresarios contra os traballadorers do mar, e vida de milleiros de cidadans, responsabilidade que teran que pagar mais cedo ou mais tarde, pero que pagaran por elo.
Asi mesmo queremos a animar ao pobo de Ferrol a participar, con serenidade, mais tamen coa dignidade e o lexitimo dereito a autodefensa, a participar na manifestacion convocada polo comite cidadan de emerxencia para o proximo domingo 3 de Xuño ás 12:00h no peirao de coruxeiras

No hay comentarios: