Pois parece que a cousa de Mercadona vai para largo. Un conflicto que empezou cunha denuncia levada polo noso sindicato en Andalucia foise convertindo co tempo nunha das folgas máis largas e de maior repercusión nos medios. Se durante máis dun ano os compañeiros do Centro Logistico foron quen de resisitir todo tipo de artimañas e obrigaron a negociar a este xigante da distribucción. Se durante todo este tempo onde a CNT fixo centos de concentacións nas portas dos supermercados e foron achegandose traballadores con novas denuncias (moitas delas xa gañadas nos tribunáis). Se o noso compañeiro da Sección Sindical de Lugo ainda continua loitando contra do seu despido. Se todo esto pasa. ¿Con que nos sorprende agora Mercadona? Pois como o seu Presidente non fai máis que receber premios e nomeamentos "honoris causa", pois ala, a seguer coa politica anti-sindical. Agora temos outro conflicto en Cadiz, e outro en Granada. Deben pensar que imonos cansar.
Pois non queda outra que manter a chamada a non consumir nesta empresa. E de paso faremoslle un favor ós nosos veciños (sí, os das tendas pequenas, que tamen teñen dereito a chegar a fin de mes, e a este paso menos cun soldiño deben estar levando). Parecenos a nós que tanto desembarco de centros comerciáis e hipermercados non eran todo o bon que nos dician. Crearon postos de traballo (precarios e mal pagados) pero a cambio destruiron todo un tecido social. O pequeno comercio da alimentación.
Tempos modernos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario