2 jun 2007

Patagonia. Utopia lIbertaria

A CNT da Coruña proxecta no seu local da Rua Washington o filme "Patagonia. Utopía Libertaria" do director Xan Leira.
O Documental trata sobre a vida e a actuación política de Antonio Soto Canalejo, máis coñecido como o “galego Soto”, (Ferrol, 1897- Punta Arenas, 1963), líder das folgas rurais acontecidas na Patagonia austral arxentina nos anos 1920 e 1921. A loita obreira contra a promulgación do Primeiro Convenio Rural foi interpretada como unha provocación ao poder da oligarquía anglo-arxentina que reaccionou co envío do 10º Rexemento de Cabaleiría. A loita rematou con 1500 obreiros rurais asasinados.
Os historiadores Osvaldo Bayer e Ramón Villares, o escritor Manuel Vázquez Montalbán e o ex presidente arxentino, Raúl Alfonsín, xunto a moitos outros entrevistados, lembran e reflexionan, dende as súas perspectivas, sobre estes feitos.

Xoves 7 de Xuño ás 19.30 horas.
Lugar: Local da CNT. A Coruña.
Rua Washington 36 baixos. (detrás da Casa do Home).

No hay comentarios: