Como xa levabamos un tempo alucinando coa cantidade de locais que se estan abrir no casco de Betanzos, anunciando empréstamos e refinanciacións, xa nos parecía a nós que algún novo negocio estabase a producir. Non tardaremos moito en ter noticias na nosa cidade de veciños expulsados da súa vivenda por non poder pagar a hipoteca. E se non, tempo o tempo.
"A principios de este ano xa saltaban as alarmas sobre a proliferación das empresas de refinanciación de debedas. As constantes subas dos tipos de interés foron o caldo de cultivo idóneo para este tipo de negocios que anuncian a reducción nos pagos das hipotecas, mediante unha reunificación de debedas. A través de agresivas campañas publicitarias convencen ós consumidores dos beneficios que conleva unir o pago da hipoteca e os créditos personáis. Máis a realidade é moi diferente: este tipo de empresas, que surxen enmedio dunha lagoa legal, multiplican os gastos e cobran elevadas comisions. E o consumidor ten que estar moi ben informado antes de asinar un empréstamos que, en ocasións chega a duplicar o montante do que realmente se tiña.
Numerosos movimentos asociativos estan a chamar a atención sobre a necesidade de que se regule e supervise a actividade deste tipo de empresas que, como non son entidades de crédito, no están suxeitas ao Ministerio de Economía e Facenda, e sobre as que o Ministerio de Sanidade e Consumo tampouco exercen ningún tipo de control, permitindo que se aproveiten da situación desesperada de moitos cidadáns, e que realicen unha actividade pseudobancaria a marxe dunha normativa de protección ós consumidores de servicios financieros.
Segundo un estudo da consultora de franquicias Tormo & Asociados, a principios do ano pasado este sector contaba cun total de 23 redes de franquicia e 5.044 agencias (mentras que catro anos antes existían tan só 988 agencias). A velocidade con que ha surxe este negocio, en resposta a situacions desesperadas dos consumidores, e a velocidade ainda maior coa que desaparecen imposibilita ter unha radiografía clara do sector. Ata hoxe descoñecese ol número de firmas prestamistas e o de posibles afectados, pero xa ol "Defensor del Pueblo" ten iniciado unha investigación de oficio ante o Ministerio de Economía e Facenda sobre as empresas de reunificación de debeda, que desenrolan a súa actividade sen estar suxeitas a ningún control administrativo. O Defensor ten posto de manifesto a súa preocupación porque estas empresas deberían ser consideradas de «carácter financiero»".

No hay comentarios:
Publicar un comentario