Acabamos de ler con grata sorpresa a ultima noticia do blog A outra mirada, dos nosos amigos do
Ateneo Libre Pensamento. Tratase dun estudo moi riguroso da situación da Vivenda no Concello de Betanzos. Ata o momento non aparecera nunca nada parecido. Outra cousa distinta é que compartamos totalmente as solucions propostas, pero eso non quita que sexa un documento de grande valor e que analiza con rigor a situación actual da vivenda.
Ben sabedes que poucas espereranzas temos en que ningun partido no presente e no futuro vaian modificar as súas politicas pero sen dubida este traballo abre as portas a unha reflexión e debate sobre o tipo de vilas e por tanto de Sociedade que estamos a construir
Parabéns polo traballo presentado. Recomendamolo desde Betanzos Libertario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario