Empeñados estamos e neste ano xa levamos gañados varios conflictos no sector. Para moitos (entre eles os sindicatos oficiáis) serán conflictos menores. Pode que un reclamo de finiquito mal pagado, un contrato non renovado, un despido dun traballador tras contrato-en practicas, sexan batallas menores. Temos claro que alí onde pola precariedade existente, estes sindicatos non sacan tallada "subvención-vía- delegado" pouco ou nada fan facer. Pero a CNT ten decidido ir por este sector e non imos parar ata que a Patronal Hosteleira se para a pensar cando menos,antes de despedir a un afiliado ao noso sindicato. De momento non temos capacidade de negociar un novo convenio. Certo. Pero que saiban os sindicatos e a Patronal que imos ser os primeiros en esixir o seu cumprimento, sen ceder ningún punto e ningunha coma. E como ultimamente xa son varios os casos onde supostos sindicalistas van os xuicios a dar testemuña a favor da empresa , que saiban que imos destapar estes sindicalistas- ben pagados. Os traballadores saberemos darlles resposta.
O caso que nos ocupa hoxe e o Sector das Pizzerias. Como en todo hai negocios pequenos e familiares, pero sobre todo hai no mercado tres ou catro marcas que enchen as nosas rúas con pequenas franquicias que manteñen unh politica sindical e laboral propria do Capitalismo máis Salvaxe. E nestas imos dar batalla.
Se istas empresas dispoñen de moitos cartos para se equipar se asesores e advogados. Tamen teñen un punto feble. A Imaxe. E a mocedade que alí traballa irase organizansdo e non imos permeter que non se cumpra nen a lexislación laboral mínima, nen se cumpran as medidas de Seguridade (motoristas), nen se respecten as nomas sanitarias básicas na manipulación de alimentos.
E se a Patronal de Betanzos (agora que se poñen de moda as Pizzerias) pensa que esto non vai con eles. Que saiban que os Conflictos de A Coruña, Compostela ,Vigo, Pontevedra.... tamen se poden dar aquí. Só se precisan dous pasos. Que eles andan a explotar a Xuventude, e que ista reaccione, se organice na CNT, e promova conflicto.
Aproveitamos para felicitar aos compañeiros polas recentes victorias sindicáis e enviasmolle aos Compañeiros de Pizza Movil de Compostela un saúdo solidario. Estamos con vosoutros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario