30 sept 2007

"A ría é nosa e non de Reganosa."




Apuntes da manifestación contra Reganosa.


Estivemos alí. Desde Betanzos,Paderne e Abegondo desprazamonos ata Ferrol para participar na manifestación contra Reganosa. A participación da CNT foi importante xa que alí estabamos compañeir@s de moitas vilas de Galicia. Se numericamente aportamos moito nesta manifestación, tanto máis polo feito de corear sen "ambiguedades" a nosa oposición frontal a este proxecto. Non queremos Reganosa, nin dentro nin fora da Ría.

As grandes inversións en publicidade e as complicidades de certos medios como "La Voz de Galicia" e os partidos con representación en San Caetano, ¡¡DEMOLICIÓN!!, non foron quen de evitar que varios milleiros de persoas deixaramos claro a nosa oposición ás estratexias do Capitalismo máis salvaxe. Ese Capitalismo que aquí (chamese REGANOSA ou ENCE) vaise atopar coa oposición dos anarcosindicalistas.

Nós estivemos. Foron "outros" que calaron desta vez. Eles saberán.

No hay comentarios: