Avisados estabamos. A volta do verán vanse sucedendo novos conflictos. Outros como o que recolle a portada do ultimo "cnt" terminan con victoria sindical. ¿Quén nos ía a dicer a nós hai tan só dous anos que a Anarcosindical podía ter este desenrolo?.
O Sindicato da Limpeza ten logrado que toda unha gran empresa como CLECE asinará as reivindicacións das compañeiras cenetistas. E foron 127 días de folga, que se din pronto.
Os conflictos con Mercadona espallanse por todos os seus centros, e para que non pensen na competencia que non vai con eles, agora resulta que en Caprabo (recentemente comprada polo grupo Eroski) hai montada unha folga no seu centro de reparto máis importante. Os nosos veciños de Gadisa estarán preocupados non vaia ser....
Máis algo importante sacamos de todos estos conflictos. Os seus protagonistas veñen pero que moi cabreados do seu anterior sindicato (CCOO). Parece ser que algúns deron o paso incluso de dimitir do Comité de empresa (ver Isolux-Corsán) e pasar a defender o modelo sindical defendido pola nosa organización. ¿Estaremos por fin no camiño correcto para o cambio de modelo sindical? Sen dubida queda moito por facer, pero os compañeiros andan animados. Xa non se espera polas iniciativas doutros sindicatos, e como no caso do Metal, iniciamos nós o movimento reivindicativo. Que non pare.
No hay comentarios:
Publicar un comentario