Desde a CNT chamamos a participar na manifestación en solidariedade cos veciños de O Eixo que terá lugar o próximo domingo, día 21 na Alameda de Santiago. A hora de início está prevista para as 12:30. O obxectivo é que se lles conceda o indulto despois de que se lles rexeitara a anterior solicitude. De non se lles conceder, entrarán en prisión o dia 31 de Outubro para cumprir unha condea de 7 anos cada un.
No ano 1998 vários veciños da parróquia de O Eixo foron denunciados polas lesións sufridas por un polícia no transcurso dunhas mobilizacións nas que se pedia seguridade viária na estrada N-525, na zona de Santa Lucía. Anos máis tarde foron condenados a penas de cárcere e unha indemnización de 156.000 Euros, apesar de múltiples irregularidades e que non houbo intencionalidade de producir lesións ao axente. Posteriormente o Consello de Ministros rexeitou conceder o indulto aos condenados.
Para poder solicitar o indulto é indispensábel ter depositado os 156.000 € de responsabilidade civil. Por isto, os veciños piden axuda económica.

Para colaborar económicamente:
nº de conta na oficina de Caixa Galicia: 2091-0349-48-3040008925.
Para contactar coa asociación de veciños:
Para ler a senténcia e o dossier de prensa elaborado polos veciños sobre os sucesos: http://humano.ya.com/olijusaxian41/
No hay comentarios:
Publicar un comentario