15 oct. 2007

Anarcosindicalismo en acción.

Na foto: Os compañeiros erguen o puño en sinal de Victoria. A bicicleta que é todo un simbolo.

Hai poucas semanas comentabamos neste blog, a toma da producción dos traballadores dunha fabrica pechada polos patronos. A campaña de solidariedade cos folguistas alemans ten acadado unha repercusión que ninguen podía esperar. Os nosos compañeiros da FAU (o sindicato irmán da CNT) veñen demostrando día a día o rexurdir das seccións da Internacional (AIT).

Tamen en terras italianas vaise abrindo camiño o sindicalismo revolcionario. A Unión Sindical Italiana (USI) ven de adherir nas suas ringleiras o Sindicato Metalurxico "Alternativa Sindicale".

Con estas novas queremos espallar pola nosa terra outros modelos de facer sindicalismo diferentes aos que nos teñen acostumados os "nosos Ilustrisimos Sres. Liberados Sindicáis". Aparecen novas formas de loita e de traballo. Outros ainda esperan poder resolver os problemas cunha subvención. Nós apostamos pola Unión, a Acción e a Autoxestión.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Sorprendente que siga habiendo CNT.
Hace mucho tiempo que no veía nada de anarquismo.
Es curioso porque la fuerza y el arrastre popular que tuvo en los primeros treinta años del siglo 20 fue enorme.
También en Betanzos.

cnt dijo...

Desde logo que na actualidade non é comparable con esa epoca da que falas, pero estamos por recuperar esa tradición do Movemento Obreiro. Nos ultimos dous anos hai un repunte na afiliación e temos a esperanza de ser no futuro un referente para os traballadores.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

En 1936,la CNT llegó a contar con 350 afiliados en Betanzos,750 si contamos toda la comarca.
Era con mucho la Organización más numerosa.