Mañan,Venres 30 de Novembro
20,30 horas Sala Azul do Liceo.
Poucas revistas de tan boa calidade podense ver na actualidade fora do mundo institucional ou comercial. Pero A Xanela , Revista Cultural das Mariñas, ten detrás un colectivo que ten demostrado que as súas inquedanzas van moito máis alá dun simple desexo editor. Vintecatro números son xa todo un legado para a vida cultural desta Vila. As colaboracións recibidas fan xa desta revista un referente.
E desde Betanzos Libertario alegrámonos de toda iniciativa cultural que veña ademáis da vontade de individuos e asociacións de base como Eira Vella.
Lonxe da retórica do poder e do "politicamente correcto", A xanela percorre os camiños da poesía, do ensaio, da banda deseñada ou da Memoria Histórica.
Destacamos como sempre os artigos que fan referencia a Historia do noso sindicato que alá polos anos 30 do século pasado tiña en Betanzos forte presenza. E de novo A Xanela da man de Suso Torres, nos presenta un detallado estudo das vítimas da represión fascista de 1936, onde aparecen 20 cenetistas dun total de 34 asasinados.
Desde esta páxina damoslles a enhoraboa polo novo número e invitamos aos nosos lectores a participar na presentación, que ademáis ten o gusto de vir acompañada da música de Mini e Mero. Coma sempre Eira Vella sabe conxugar músicas e letras. Lastima que outros "defensores da cultura" anden a mirar para outro lado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario