1 dic. 2007

Na Galiza:Continuamos a medrar


No día de Hoxe nos chegan dúas novas das cales nos facemos eco. O artellamento da Confederación Galaica tal e como falamos na ultima conferencia de militantes debe ter "resultados no crecemento e espallamento territorial e sectorial".
Dito así, da medo, pero falado na linguaxe da xente corrente non é máis que a CNT ten que darse a coñecer nos lugares onde ata agora non fumos capaces de facelo, e organizarnos por sectores e ramos para empezar a dar batalla nos proximos convenios.
Pois ben, en Melide, un grupo de compañeiros/as, veñen de formar o nucleo da CNT nesa vila. Fortalecidos nos conflictos laboráis (Mercadona como non) e con máis ganas que nunca, anuncian o formación do Nucleo Inicial da CNT. Quen quiera poñerse en contacto con eles, e namentres non haxa un local, pode facelo no telefono 649265410 (Juan Luis).
E ademáis os compañeiros de Pontevedra informan da creación dun "blog irmán" adicado ó Sector da Hostelería, que precisa dun sindicato combativo que cando menos faga cumprir o asinado nos convenios.
Benvidos a Confederación.

2 comentarios:

virtual dijo...

¿Crece a afilicación ou os militantes van rulando?

Que ilustrativo o do blog da cnt hosteleria, tan virtual coma o traballo sindical da cnt.

Un de carne e "Jueso" dijo...

Poderiamos evitar estes comentarios que buscan a polémica, pero somos partidarios de que cada quen vexa o conto como lle pete.
Nesta páxina tes traballo sindical dabondo como seguir falando de traballo virtual.Quen non quere ver...
Esperamos que a proxima vez aportes algo máis. De momento suspendes.