4 dic 2007

Mulleres anarquistas. Joaquina Dorado


Vense de aprobar recentemente nun pleno do Concello de Compostela o nome de duas rúas : Federica Montseny e Teresa Claramunt. O Porqué deste relembrar dúas históricas do anarquismo ibérico é algo que nós non podemos explicar. Ben falan os nosos compañeiros da CNT-Galaica cando din que "esperan non sexa unha maneira de contar a Historia a medias". Pero como certamente xa se ten escrito moito de elas, non queremos aquí máis que esperar que todos esos General Mola, Francisco Franco, Millán Astray... que enchen ainda os nomes das ruas de moitas vilas, deixen o seu sitio para persoas que teñen dedicada a vida enteira o progreso do xenero humano.
Pero esta nova aparecida nos medios recordounos a outra muller, Joaquina Dorado, que ven de facer este ano 90 anos. Noventa anos de feminismo anarquista.
Nas paxinas de Solidaridad Obrera, na versión dixital, faise unha homenaxe a esta coruñesa. E como nós temos un especial cariño por esta compañeira, sumamonos desde aquí para desexarlle outros 90 máis, e que nos faga unha visita cando veña por Betanzos.

No hay comentarios: