Comenzou o ano cheo de novedades sindicáis. Todo parece que este ano imos dar un paso importante cara ao fortalecemento da Organización. Seguen aparecendo novos sindicatos e seccións sindicáis. Chamanos especialmente a atención os conflictos do Sector das Artes gráficas e telecomunicacións, sector que ten perto de 170.000 asalariados e onde a CNT está imprantandose a un forte ritmo. De ahí que ven de aparecer o novo xornal "Tinta y Libertad" editado pola Coordinadora de Sindicatos de CNT no sector.
O peche patronal de Frape Behr ten inmersos a CNT barcelonesa nunha loita total.
A folga da limpeza do Metro de Madrid rematou cunha victoria parcial dos traballadores pero cunha victoria moral en canto a honestidade demostrada por todos, especialmente polos compañeiros anarcosindicalistas.
A folga do Telemarketing do pasado 21 de Decembro que serviunos para formar por fin a Sección Sindical en Unísono-Vigo.
Os conflictos abertos en varios concellos, na Hostalaría, no Comercio, na Sanidade.... sectores que pouco a pouco van coñecendo as formas anarcosindicalistas de loita sindical.
No 2010 vaise conmemorar o centenario da fundación da CNT. Queremos nese ano celebrarlo non con simples conferencias e exposición do noso pasado "glorioso" senon levantando de novo unha organización obreira é de traballadores comprometidos en cambiar radicalmente o actual panorama de sindicalismo burocrático e de paz social. No 2008 imos dar un salto e para demostralo tedes aquí unha demostración de que a "Paz e amor" comprados no Corte Inglés nos teñen durado ben pouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario