16 ene 2008

O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume

O Colectivo Fusquenlla de Pontedeume ven de invitarnos a participar na manifestación que haberá en Santiago o vindeiro 17 de Febreiro. Tempo haberá de anunciar dita manifestación. Pero en agradecemento a súa invitación queremos adicar esta noticia a publicitar a súa páxina. Primeiro porque somos partidarios de iniciativas que partan da Sociedade e segundo porque nos pareceu moi interesante tanto nos seus contidos como na súa estética (a foto roubamoslla). Non viña mal unha iniciativa así en Betanzos.
Nos saímonos un tanto da nosa liña de noticias, pero xa avisamos que este ano faríamos un esforzo por centrarnos en Betanzos e bisbarras cercanas. Pontedeume foi tamén un referente importante na historia da CNT e calquera día haberá que retomar ese espiritu libertario.
Desexamoslle moitos acertos a este colectivo e que no futuro poidamos ter unhas relacións máis estreitas.
Saúde.

No hay comentarios: