A través dunha Internacional, as diferentes confederacións buscan espallar o modelo organizativo aos países onde non existe hoxe un sindicato anarcosindicalista. A Asociación Internacional de Traballadores (A.I.T) agrupa hoxe a sindicatos de 16 países. Pero estase nun momento de crecemento, xa que novos paises teñen pedido o ingreso para o Congreso de 2008 que se fará en Brasil.
A A.I.T. é de momento unha Internacional pequena pero está sentando as bases para ser o referente dos centos de sindicatos de base e alternativos que están aparecendo na escea sindical. Sindicatos que nacen de continuadas excisións que os sindicatos burocráticos van padecendo pola sua continuada "inmersión" no Sistema. Estes sindicatos están protagonizando folgas e movilizacións cada vez máis importántes tanto polos métodos empregados como polo número de traballadores movilizados.
A A.I.T. ten que ir creando relacións cada vez máis estreitas con eles, porque ten a obriga de ser o lugar común de confluencia. Son moitos os que andan a chamar á nosa porta. ¿Seremos quén de facer da Internacional unha verdadeira casa común do sindicalismo revolucionario?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario