29 ene. 2008

A bitácora do Anarcosindicalismo. O blog como ferramenta.


No Movimento Libertario, tanto nos grupos de afinidade como nas sociedades obreiras, a prensa escrita sempre xugou un papel fundamental. Non caemos nun tópico cando afirmamos que o primeiro que realizaba un pequeno grupo de compañeiros era ou un boletín ou calquera documento impreso ou xornal. Hainos de vida efímera e outros de larga vida e influencia (Revista Blanca, Solidaridad Obrera...). Esta tradición herdada de xeneración en xeneración,continua hoxe con infinidade de publicacións de todo tipo.
Pero algo novo aparece na escea. Internet. Con posibilidades ata agora inimaxinables. Blogs, Foros de debate, webs de sindicatos, de xornáis, de formación.
Hoxe queremos adicarnos a dous que nos teñen chamado moito a atención por cousas ben diferentes. O primeiro é unha páxina que recolle (RSS) todas as innovacións de moitisimos blogs e webs facilitando ao interesado nas noticias relativas a CNT sen ter que ir entrando unha a unha. RECOMENDADISIMA.
Outra que nos ten cheos de sana envexa polo tratamento que lle da a formación e ensino da Historia do Movemento Obreiro é: La Alcarria Obrera, que ainda con caracter local, é todo un exemplo de traballo ben feito.
Pois nada amigos lectores de Betanzos Libertarios, aquí tedes dous exemplos máis deste novo e variado mundo da propaganda libertaria.

1 comentario:

Antonio Arbeig dijo...

Desde La Alcarria Obrera, muchas gracias por los halagos y un fuerte abrazo confederal y libertario. Prometemos incluir documentos del movimiento obrero y anarcosindicalista galego.
Salud y nos vemos en la red.