
Na CNT sempre anónimos militantes que deixan paso a outros novos. Hai poucos meses cambiamos o Sec. Permanente desde Sevilla (Rafael Corrales) a Torrelavega (Fidel Manrique). Ninguén ten un cargo por "secula seculorum"- son dous anos- e moito menos remunerado. Así defendemos a DEMOCRACIA directa e a Horizontalidade do anarcosindicalismo.
Na CNT non gustamos moito de loubanzas a persoas concretas, por moita responsabilidade e compromiso que tiveran coa Organización. Deixamos estas cousas para os amantes dos lideres e das xerarquías. Pero hai compañeiros que pola súa edade están fora da vida orgánica e por evitar que o seu anonimáto se confunda con olvido, merecen sempre un recoñocemento. Este é o caso de Lucio Uturbia, albanel e anarquista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario