12 feb 2008

Precariedade Laboral nas piscinas.

Os precarios xa non creen na Organización Obreira e preganlle ao santo que mellore as súas condicións laboráis. San Precario ora pro nobis.


Nón é só cousa das empresas privadas. As públicas, os concellos veñen privatizando os servicios (ver aquagest en Betanzos) sen controlar minimamente a precariedade dos contratos destas empresas que aproveitan o "desexo de mellora de xestión" duns servicios que os politicos apuran por inaugurar antes de cada elección. Uns rendabilizan os cartos de todos e outros os votos dos "cidadans" de costumes electoráis.


Benvidas sexan esas piscinas. ¿Pero agora quen vai controlar a piratería empresarial?. Os concellos lavanse as máns. Os precarios non contan.



"O sindicato da CNT de Compostela ven de abrir un conflito laboral coa Piscina Universitária da USC, xerida polo Club Deportivo Universidade de Compostela. A situación de precariedade laboral à que están sometid@s @s monitor@s de natación da piscina acada cotas estremas, agravado se contamos co feito de que se trata dunha administración pública a que neste caso non respeita os direitos d@s traballador@s.
Na piscina universitária @s monitor@s con contratadas en fraude de lei como traballador@s temporais. Asinan un contrato dun mes, e vai-se-lles prorrogando mes a mes, sendo finalmente despedidos ao final do curso universitário, para volver ser contratados ao início do curso a seguir. Así, a categoria que lles corresponde é a de traballador@s fix@s-discontínu@s. Con este tipo de contratación a empresa impide desfrutar o periodo de vacacións aos monitor@s.
As contratacións fan-se en base a horas traballadas, é dicer, en base as aulas que imparten os monitores, e non por mes traballado, o que ven significar que non se cobran os festivos nen as fins de semana.
A esta situación hai que unir a indefensión na que se atopan @s monitor@s, ao carecer de convénio ao que acoller-se, pois non lles é recoñecida a posibilidade de acoller-se ao convénio de traballador@s da USC, circunstáncia que tamén está denunciada, e ao traballar para unha entidade (o Club Deportivo Universidade de compostela) que non existe, senón que é unha pantalla que emprega a USC para subcontratar traballador@s en precário.
Ante esta situación a CNT xa apresentou a correspondente demanda xudicial ao tempo que comezou a aplicar a táctica que nos caracteriza e diferéncia doutros sindicatos: a solidariedade e a acción directa. As accións de denúncia e presión por parte da CNT continuarán entanto a USC e o Club Deportivo Universidade de Compostela non aceiten a totalidade das xustas demandas d@s monitor@s da sua piscina."

No hay comentarios: